Enténdese por cultura todas aquelas respostas que o individuo é que de dar ante a problemática social. Pódese considerar cultura do saber todo aquelo adquirido mediante o estudo e a observación co ánimo de asimilar saberes; pero tamén existe a cultura popular, aquela que se aprende polo proceso de memorización das prácticas persoais mediante a imitación de elementos que van aparecendo na sociedade.
Un rapaz aprendeu porque estudou que os romanos invadiron a península Ibérica e que aquí deixaron o seu saber e a súa cultura; sen embargo, ese rapaz sabe que o leite vén da vaca (por exemplo) e como o pode quitar, ata cando e a cantidade, porque iso foino aprendendo dos que así o facían. Todo isto que se fai por rutina asimilada sería a cultura persoal ou popular.
Os Séculos Escuros tiveron unha grande influenza na cultura popular: a xente, mermada do poder de comunicación escrita, desenrolou a cultura de tradición oral. Esta cultura vaise trasmitindo de xeración en xeración que chega ata os nosos días. Por ser de trasmisión oral, hai unha serie de variacións que, en certa maneira, fai máis rico o eido cultural. Aí quedan como mostra as cantigas, contos, ditos, refráns, adiviñas, lendas, bailes, costumes, folclore...
É unha mágoa que pouco a poco, e cada vez menos, os grandes coñecedores desta faceta van desparecendo e con eles esa vagaxe de manifestacións que aínda quedan por coñecer.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario